Xinzo de Limia acolleu a fase previa sur do Campionato Galego de Clubs de Fútbol Sala
O Pavillón Municipal de Xinzo de Limia foi o escenario, o pasado 27 de abril, da fase previa sur do Campionato Galego de Clubs de Fútbol Sala nas categorías benxamín e prebenxamín.
Equipos das delegacións de Ourense, Vigo e Pontevedra participaron neste evento, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Xinzo.
A xornada destacou polo talento e os valores deportivos do fútbol sala de base.
Fonte: www.diariodolimia.gal