Detidos dous madrileños pola Garda Civil por roubos en polígonos industriais de Galicia
A Garda Civil detivo na A-52, á altura de Trasmiras (Ourense), a dous veciños de Madrid de 38 e 35 anos, como presuntos autores dun roubo con forza e catro furtos cometidos en polígonos industriais de Ourense, Pontevedra e A Coruña entre abril e xullo. A operación, bautizada como «Sigilum», foi desenvolvida polo Equipo Roca da Comandancia de Ourense.
Os detidos recorrían polígonos industriais durante o día e hospedábanse en Portugal pola noite. Un deles accedía ás instalacións aproveitando a ausencia do persoal para subtraer diñeiro en efectivo.
Os feitos imputados tiveron lugar en San Cibrao das Viñas (Ourense), Barro (Pontevedra), Maside (Ourense) e Cambre (A Coruña). O total subtraído ascende a 5.000 euros.
A detención produciuse o 5 de agosto tras unha investigación e seguimentos. O caso foi posto en coñecemento do Xulgado de Instrucción número 1 de Ourense.
Fonte: www.diariodolimia.gal
