Conductor de autobús escolar dá positivo en cocaína e benzodiacepinas na Baixa Limia
A Garda Civil de Tráfico de Ourense detectou un condutor de autobús escolar que transportaba tres nenos de entre 7 e 12 anos, dando positivo en cocaína e benzodiacepinas nun control na comarca da Baixa Limia.
Tras confirmación do laboratorio, o condutor enfrontarase a unha sanción administrativa de 1.000 euros e a perda de seis puntos do carné de conducir.
A Garda Civil realizará máis controis de transporte escolar ao longo do curso académico para garantir a seguridade.
Fonte: www.diariodolimia.gal
