A Vía da Prata ábrese ao mundo: catro continentes exploran a esencia do Camiño en Ourense

Diario do Limia

Ourense promociona a Vía da Prata con turoperadores e prensa internacional

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, organiza unha viaxe de familiarización para turoperadores e prensa especializada co obxectivo de impulsar a comercialización da Vía da Prata-Camiño Mozárabe como ruta xacobea a nivel internacional.

A iniciativa, en colaboración con Fairway, busca mostrar a oferta diferenciadora da provincia, incluíndo aloxamentos, gastronomía e patrimonio.

Participantes de Estados Unidos, Brasil, Indonesia, Sudáfrica e España realizarán un percorrido por lugares emblemáticos como a Fortaleza de Monterrei, a Colexiata de Xunqueira de Ambía, Allariz, o Mosteiro de San Salvador de Celanova, a Catedral de Ourense e o Mosteiro de Oseira.

A viaxe culminará coa participación en Fairway, o Fórum do Camiño de Santiago en Santiago de Compostela.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA