A rexedora de Porqueira, Susana Vázquez, gaña o voto popular nos premios rurais | NOTICIAS XINZO

Diario do Limia

Alcaldesa de Porqueira, candidata principal nos Premios Muller Rural Galicia

A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, acadou o maior respaldo popular na categoría de Alcaldesa Rural dos Premios Muller Rural Galicia 2026. Tras o reconto de 1.885 votos, Vázquez obtivo o 20,5% dos apoios. Superou así a Uxía Oviedo (Maceda) co 16,1% e a Melisa Macía (Vilariño de Conso) co 15,1%, ambas tamén da provincia de Ourense.

O Concello de Porqueira expresou o seu orgullo polo recoñecemento ao traballo e compromiso co desenvolvemento rural a través deste apoio veciñal e telemático.

Agora, un xurado profesional ten 72 horas para avaliar o impacto territorial das tres finalistas e emitir o fallo definitivo. A gañadora desvelarase o venres 20 de febreiro ás 19:00 horas nunha gala en San Xoán de Río, á que están convidadas todas as participantes.

A cerimonia de entrega de premios marca o inicio dunha fin de semana dedicada ao empoderamento feminino e á posta en valor dos concellos. Ao día seguinte, celebrarase nesa mesma localidade o Congreso da Muller Rural, un punto de encontro para compartir experiencias vitais.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA