A Pereira prepárase para unha nova edición da súa feira tradicional

Diario do Limia

A Feira da Pereira celebrarase o 10 de agosto en Rairiz de Veiga

O sábado 10 de agosto terá lugar a tradicional Feira da Pereira na localidade da Pereira, concello de Rairiz de Veiga. A programación inclúe música das bandas de gaitas de Rairiz de Veiga, Aturuxos do Miño, Eskachapalletas, As Xingras da Arca e Airexa.

Ademais da lectura de poemas de Antón Tovar, este ano haberá unha representación do proceso do liño organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Vilar de Santos.

Para os máis pequenos haberá colchonetas pola mañá e xogos tradicionais pola tarde. O cesteiro Sergio ofrecerá un obradoiro gratuíto sobre o vimbio.

Na feira tamén se poderán atopar postos de artesanía, panadería e queixos artesáns. O antigo muíño abrirá as súas portas e ás 17:00 h realizarase un sorteo.

Fonte: www.diariodolimia.gal

VER NOTICIA COMPLETA