Baltar celebra a XV Festa Popular o 9 de agosto
O Concello de Baltar acolle a XV edición da súa Festa Popular, con actividades desde as 16:00. Haberá xogos populares, exposición medioambiental, carreiras, grupos folclóricos e exhibición de concertinas.
Continuará co cruce do río, exhibición de parapente e tiros da corda. Ás 20:00, entrega de premios e degustación de porco o espeto e produtos da Serra do Larouco.
A velada musical estará amenizada polo grupo Banarama ás 23:00. Haberá inchables, touro mecánico e festa da escuma. A festa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Baltar e a Comunidade de Montes en Man Común de Baltar.
Fonte: www.diariodolimia.gal
