Primeira vitoria do A.B. Xinzo na segunda fase
O equipo Senior do A.B. Xinzo conseguiu a súa primeira vitoria na segunda fase da tempada ao impoñerse ao Arteixo por un axustado 50-48. O partido disputouse onte ás 18:00 no pavillón municipal de Xinzo.
O encontro estivo marcado pola irregularidade de ambos os equipos, con momentos de bo xogo por parte dos locais, especialmente no primeiro e terceiro cuarto, alternados con períodos onde o Arteixo tivo ocasións de levarse a vitoria. Finalmente, nos últimos minutos, o A.B. Xinzo logrou facerse coa dianteira no marcador.
Durante o descanso, tivo lugar a entrega de premios da Gala do Deporte 2025. A Concelleira de Deportes, Cristina Campero, e o Presidente do A.B. Xinzo, Luis Miguel Gil, fixeron entrega dos galardóns a Alex Traveso (Mellor Deportista Base Masculino) e a Paula Pérez (Premio como colexiada arbitral de baloncesto), quen non puideron asistir á cerimonia orixinal.
Co remate deste partido, o A.B. Xinzo emprende agora o período de Entroido.
Fonte: www.dendealimia.com
