Xorde un novo grupo na Limia: @puntadasdalimia

Dende A Limia

«Puntadas da Limia»: Un espazo de encontro e creatividade en Xinzo da Limia

Cada mércores, sete persoas reúnense no Centro Sociocomunitario de Xinzo da Limia para compartir un proxecto común de costura, especialmente a través do punto de cruz.

O grupo, chamado «Puntadas da Limia», promove un espazo de encontro, calma e conexión, onde se crean lazos, conversas e proxectos creativos.

A iniciativa, apoiada polo CDR O Viso, busca romper coa soidade e construír comunidade a través da creatividade e o traballo en grupo.

Esta actividade forma parte do programa Capacidade Inclusiva Rural-Activa, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA