​Xinzo instala as cámaras de control de tráfico no centro histórico para avanzar no plan “Xinzo Paso a Paso”

Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia activou as cámaras de control de tráfico no centro histórico, nas rúas Santa Mariña, Lepanto, Jesús Carlos Romero Nieto, Otero Pedraio, Dous de Maio e San Roque, como parte do plan de mobilidade “Xinzo Paso a Paso”.

Iníciase un período de adaptación no que os vehículos que necesiten acceder ao centro (residentes, negocios, etc.) deben rexistrar a súa matrícula no Concello para evitar sancións. O concelleiro Ramón Gómez sinalou que a medida busca «ordenar, humanizar e obxectivar o tráfico» e que as cámaras permitirán garantir o cumprimento das normas de acceso sen barreiras físicas.

O sistema sancionará automaticamente os vehículos non autorizados e restrinxe o acceso a vehículos de gran tonelaxe. Permítese o acceso a turismos autorizados, servizos de urxencia, carga e descarga (07:00-10:30 h) e residentes acreditados. Esta actuación complementa outras medidas do plan “Xinzo Paso a Paso”, como a creación de aparcadoiros gratuítos e zonas laranxas de estacionamento exprés.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA