O xoves, 21 de Novembro pechouse dito obradoiro na Casa de Cultura de Xinzo de Limia coa presenza de Marta Vázquez Guzmán, directora territorial da Conselleria de Emprego Comercio e Emigración; Margarita Álvarez Alcalde, directora do Obradoiro, alcalde de Xinzo Amador Díaz, o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso os monitores e monitoras e alumnado.
O obradoiro tivo unha duración de 9 meses e ofreceu prácticas de traballo e cursos de formación a 20 alumn@s de ámbolos dous concellos. Despois do último Obradoiro de Emprego que revalorizou a Vía da Prata ao seu paso por Xinzo de Limia e Sandiás, os dous concellos volveron n a unir as súas forzas para realizar novas obras de acondicionamento no Camiño de Santiago e favorecer a inserción laboral de persoas desempregadas. O obradoiro ofreceu formación nas especialidades de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, e na de Instalación de elementos e carpintería e completou a súa formación competencial con varias visitas formativas a empresas da zona como Xinzo Wood, Viveiro Tragsa e Anquin Madeira facéndolle na empresa Yvyra un agasallo con máquina de cnd.
Momento da entrega dos diplomas
Fonte: www.dendealimia.com