Xinzo e Bande, entre outros, serán centros operativos do Plan de Vialidade Invernal activado pola Deputación, para blindar 1.000 quilometros de vías provinciais con risco de neve e xeo

Dende A Limia

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, presentou en San Cibrao das Viñas o Plan de Vialidade Invernal, que busca garantir a seguridade nos 1.000 quilómetros de vías provinciais con risco de neve e xeo.

O plan conta con preto de 50 profesionais, 20 vehículos e 1.850 toneladas de sal, distribuídas en nove almacéns con base en Ourense, Verín, A Pobra de Trives, O Barco de Valdeorras, Viana do Bolo, Parada de Sil, Xinzo, Carballiño e Bande.

Menor destacou a importancia destas vías para a comunicación na provincia e anunciou un investimento de 4,5 millóns de euros en estradas para 2026, sumando un total de 10 millóns para mellorar a seguridade. O operativo estenderase ata abril de 2026.

A Deputación tamén colabora cos concellos no subministro de fundentes para as estradas municipais.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA