​Xinzo de Limia presenta unha programación de Semana Santa marcada pola cultura, a música e obradoiros para a infancia

Dende A Limia

Programación de Semana Santa en Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia, a través da súa Concellería de Cultura, presentou a programación completa para esta Semana Santa, deseñada para todos os públicos e que combina innovación tecnolóxica, lecer infantil e citas musicais tradicionais.

Actividades para a Infancia

A infancia será protagonista con actividades formativas e lúdicas na Aula CEMIT e na Casa da Cultura:

  • 30, 31 de marzo e 1 de abril (10:00-12:00h): Obradoiros de impresión 3D, realidade virtual e experimentación científica na Aula CEMIT (para nenos de 5 a 11 anos).
  • 2 de abril: Obradoiro de queixos coa «vaquiña Candela» na Casa da Cultura.
  • 3 e 4 de abril: Terceira edición do obradoiro de ovos de Pascua de chocolate na Casa da Cultura (quendas de tarde).

Programación Musical

A música tamén terá un papel central nas prazas da vila:

  • 29 de marzo (19:00h): Concerto de Pascua na Praza Maior coa Agrupación Musical da Limia e a Coral Santa Mariña.
  • 2 de abril (21:00h): Concerto de Los Camachuelos.
  • 3 de abril (21:00h): Actuación dos Meninos do Pandeiro na Praza de Oriente.
  • 4 de abril (18:00h): Xira comarcal de Chikiband e Orquestra Antelana en Laroá.

Outras Citas Culturais

  • Dende o 27 de marzo: Exposición fotográfica do Entroido 2024 «Tradición, Respecto e Sentimento» na Casa da Cultura.
  • Xornadas sobre a cultura tradicional da Limia impartidas por Artur Puga.
  • Presentacións de guías ilustradas.

O Concello convida a todos a participar nestas actividades pensadas para o disfrute familiar.

Programación Detallada

  • Venres 27 de marzo: Inauguración da exposición fotográfica «Tradición, Respecto e Sentimento» (Casa da Cultura).
  • Domingo 29 de marzo: 19:00 h. Concerto de Pascua na Praza Maior. Agrupación Musical da Limia e Coral Santa Mariña.
  • Luns 30 de marzo: 10:00 a 12:00 h. Obradoiro de Introdución á Impresión 3D (Aula CEMIT). De 5 a 11 anos.
  • Martes 31 de marzo: 10:00 a 12:00 h. Obradoiro de Realidade Virtual (Aula CEMIT). De 5 a 11 anos.
  • Mércores 01 de abril: 10:00 a 12:00 h. Obradoiro de Experimentación Científica (Aula CEMIT). De 5 a 11 anos.
  • Xoves 02 de abril: Obradoiro de queixos coa «vaquiña Candela» (Casa da Cultura).
  • Venres 03 de abril: 15:00 a 17:00 h. / 18:30 a 20:30 h. Obradoiro de Ovos de Pascua de Chocolate (Casa da Cultura). 21:00 h. Concerto dos Meninos do Pandeiro na Praza de Oriente.
  • Sábado 04 de abril: 15:00 a 17:00 h. / 18:30 a 20:30 h. Obradoiro de Ovos de Pascua de Chocolate (Casa da Cultura). 18:00 h. Xira Comarcal Chikiband & Orquestra Antelana (Laroá).

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA