​Xinzo de Limia implanta o programa pioneiro “Axente Titor” para previr e actuar ante situacións de risco que afecten á infancia e á adolescencia, dentro e fóra dos centros educativos

Dende A Limia

Xinzo de Limia terá «Axente Titor» no curso 2025/2026

O Concello de Xinzo de Limia, a Policía Local e os centros educativos asinaron un convenio para implementar o programa «Axente Titor» a partir do curso 2025/2026.

Este programa designará un axente da Policía Local, con formación específica, para o seguimento de situacións que afecten á infancia e adolescencia, como acoso escolar e condutas de risco.

Ademais, impulsarase a creación dun Consello Escolar Municipal para reforzar a coordinación e a prevención de problemáticas que afecten á mocidade no termo municipal.

Xinzo de Limia convértese nun dos primeiros concellos galegos en activar esta ferramenta de traballo preventivo.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA