Xinzo de Limia, epicentro do karate base galego
O Polideportivo Municipal de Xinzo de Limia acolle este sábado 7 de xuño a terceira xornada da Liga Galega de Karate, organizada pola Federación Galega de Karate e Disciplinas Asociadas.
A competición contará coa participación de 592 deportistas de 32 clubs de toda Galicia, incluíndo 46 representantes do Club de Karate Xinzo de Limia. En total, a provincia de Ourense estará representada por 196 deportistas.
A xornada dividirase en dúas quendas: de 09:30 a 14:30 para as categorías xuvenil, cadete e júnior; e de 16:30 a 20:30 para as categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.
Prevese a asistencia de preto de 650 persoas entre deportistas, técnicos, árbitros e persoal de organización. Competirase en kata e kumite, con niveis de iniciación e avanzado.
O evento poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da Federación Galega de Karate e a plataforma Karate Scoring.
Fonte: www.dendealimia.com