Xinzo de Limia acollerá a Carreira Popular SeteK 2025 o sábado 21 de xuño

Dende A Limia

Xinzo de Limia celebra a Carreira Popular SeteK 2025

O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Deportiva Limiactiva organizan a Carreira Popular SeteK 2025, que terá lugar o sábado 21 de xuño ás 20:00 h nas rúas da vila.

A proba absoluta, de 7 quilómetros, sairá e chegará á Praza Maior. Haberá carreiras para diversas categorías, comezando cos pitufos ás 20:00 h e rematando coa absoluta ás 21:00 h.

As inscricións están abertas ata o mércores 18 de xuño na web CARREIRASGALEGAS.COM e inclúen agasallos e avituallamento. Haberá trofeos para as diferentes categorías.

A organización anima á participación e ao apoio do público ao longo do percorrido.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA