Xinzo conta co primeiro Axente Titor da provincia de Ourense

Dende A Limia

Xinzo terá un «Axente Titor» para previr acoso e condutas de risco

O Concello de Xinzo implementará o programa «Axente Titor», no que o policía local Antonio Díaz Laje actuará como mediador en casos de acoso escolar, conflitos entre iguais e condutas de risco en centros educativos, rúas e espazos deportivos. Díaz Laje foi o único axente de Galicia seleccionado para un curso de formación a nivel nacional impartido por FEGAM e ANAT.

O programa busca previr problemáticas maiores a través da mediación entre familias, centros educativos e menores, abordando tamén o absentismo escolar e o ciberbullying. A Policía Local de Xinzo é a primeira na provincia de Ourense en contar con esta figura.

Para acadar os obxectivos do programa, o axente colaborará con institucións como Educación, Servizos Sociais, Policía Local e a Fiscalía de Menores. Ademais, preténdese impulsar o Consello Escolar Municipal para abordar as problemáticas dos menores de maneira conxunta.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA