Xinzo activa a compostaxe comunitaria nas urbanizacións da Devesa e Río Miño

Dende A Limia

Xinzo implanta áreas de compostaxe comunitaria e bonifica a taxa de lixo

O salón de plenos de Xinzo acolleu a presentación dun novo sistema de compostaxe comunitaria, o primeiro en ser implementado na vila, nas urbanizacións A Devesa e Río Miño.

A iniciativa, impulsada polo Concello de Xinzo en colaboración coa Deputación de Ourense, busca promover a sostibilidade e a redución de residuos orgánicos.

Durante unha sesión informativa dirixida aos veciños destas urbanizacións, explicouse o funcionamento práctico das novas áreas de compostaxe.

Como incentivo para a participación, as familias que se sumen ao programa poderán beneficiarse dunha bonificación do 30% na taxa de lixo.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA