«XIII Abrazo ao río Lima» 11 e 12 de xuño de 2025

Dende A Limia

Alumnos de Ponte de Lima e do Rosalía de Castro participarán no XIII Abrazo ao Río Limia

O 12 de xuño de 2025, alumnos de Ponte de Lima (Portugal) e do IES Rosalía de Castro de Xinzo de Limia participarán no XIII Abrazo ao Río Limia. A xornada comezará coa recepción dos participantes polas autoridades locais ás beiras do río, seguida dunha actuación da Banda de Gaitas de Xinzo de Limia, discursos e intercambio de lembranzas.

Tras o abrazo simbólico ao río e a plantación nos Xardíns do Limia, os participantes xantarán nos centros educativos de Xinzo. Os alumnos portugueses visitarán o Museo Galego do Entroido e posteriormente realizarán unha visita ao nacemento do río Limia antes de regresar a Ponte de Lima.

Previamente, o 11 de xuño, os alumnos de Ponte de Lima chegarán a Xinzo e realizarán actividades conxuntas cos alumnos do Rosalía de Castro, pasando a noite no albergue de Allariz.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA