Festas da Santa Mariña en Xinzo (17-20 de xullo)
Xinzo de Limia celebrará as festas patronais da Santa Mariña do 17 ao 20 de xullo. As festas contarán con música de orquestras, DJ’s, pasarrúas e disco móbiles.
O venres 18, día da patroa, haberá misa e procesión coa Agrupación Musical da Limia e a Banda de Gaitas, seguido de xigantes e cabezudos. As orquestras Nebraska e Panorama actuarán no parque do Toural.
O sábado 19 terá lugar a II Color Party e o Campionato de Futbolín, con música de Lethx Sound, La Duendeneta e La Misión.
O domingo 20, haberá actividades para nenos, música de La Duendeneta e Tango, e o Festival Summer Sound 2025 con varios DJ’s.
Fonte: www.dendealimia.com