X Edición da Festival Mascarada Ibérica en Vilariño de Conso e Viana do Bolo

Dende A Limia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, destacou a importancia de revalorizar o Entroido galego como recurso para desestacionalizar o turismo e diversificar a oferta en toda a rexión.

Merelles participou na presentación da X edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask, que terá lugar do 16 ao 18 de maio en Viana do Bolo e Vilariño de Conso (Ourense). Este evento reunirá case medio cento de mascaradas de Galicia, España e Portugal.

No ViBoMask participarán 48 mascaradas, principalmente da provincia de Ourense, incluíndo entroidos de Viana, Vilariño e Manzaneda, que buscan a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. Tamén estarán presentes representantes de Xinzo, Verín, Castrelo do Val, Maceda, Sande, Muíños, Lobios, Bande, Cobres, Xenerais do Ulla e Chantada.

Ademais de Galicia, haberá representación de Castela e León, Asturias, Cantabria, Castela-A Mancha, Estremadura, País Vasco e Portugal.

A programación inclúe conferencias, mercado de produtos típicos, desfiles e música tradicional. O Entroido foi declarado Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial en marzo, e o ViBoMask contribúe a valorizalo, ademais de favorecer a dispersión xeográfica da oferta turística.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA