Volven os Encontros de Teatro Escolar e Amateur, en Bande

Dende A Limia

XXX Encontros de Teatro Escolar e Amateur en Bande

Do 12 ao 16 de maio, celebrarase a trixésima edición dos Encontros de Teatro Escolar e Amateur en Bande. Participarán 14 centros escolares e grupos amateurs de Ourense, Lugo e Pontevedra.

A inauguración será o luns 12 ás 11:00h no salón de actos do concello coa obra «A favor de obra» do CEIP Xoaquín Lourenzo. O IES Aquis Querquennis clausurará o evento coa obra «Porteira es ti».

Durante cinco días, o evento ofrecerá representacións teatrais promovendo a lingua galega, a cooperación, a igualdade e o respecto pola diversidade cultural.

Este evento busca apoiar e promover a lingua galega na Semana das Letras Galegas.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA