Cambio de Alcaldía en Vilar de Santos

Este sábado, ás 12:00 horas, celebrouse no Concello de Vilar de Santos un pleno extraordinario para a despedida do alcalde Antonio Míguez Nogueiras e a investidura do novo rexedor, Rubén Colmenero Ferreiro.

Catro Xeracións de Alcaldes en Vilar de Santos na Etapa Democrática

O acto, que contou cunha ampla participación veciñal, serviu para recoñecer a traxectoria do alcalde saliente. O novo rexedor, Rubén Colmenero Ferreiro, asumiu o cargo comprometéndose a traballar polo progreso e desenvolvemento do municipio e o benestar dos seus cidadáns.

Tanto a veciñanza como os membros do partido arroupárono neste novo comezo, mostrando o seu apoio ao proxecto político que liderará nos próximos anos con forza e ilusión.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA