«Versos Brancos». Pintura música e poesía nunha mestura perfecta: A pintora e poeta Rochi Nóvoa e o artista plástico Xosé Eladio mostraron a súa obra artística en Sandiás

Dende A Limia

Exposición «Versos Brancos» en Sandiás

No marco do Verán Cultural de Sandiás 2025, inaugurouse a exposición de pintura «Versos Brancos» de Xose Eladio e Róchi Nóvoa na Casa de Cultura de Sandiás.

A mostra, composta por 72 pinturas, explora o universo creativo dos artistas. A inauguración contou coa presenza do alcalde Felipe Traveso e o concelleiro de cultura Pepe Gándara, ademais de actuacións musicais de Armando Glez, Daniel Soldevilla, Arturo Fernández e Andrés Fernández.

«Versos Brancos» propón un diálogo entre luz, palabra e emoción, ofrecendo obras cargadas de sensibilidade que invitan a unha nova experiencia sensorial. A exposición busca que o espectador conecte coas súas propias emocións a través da arte.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA