Aira García, de Xinzo de Limia, gaña o ouro no Campionato de España de ximnasia de trampolín

Aira García Teijeiro, de 8 anos e natural de Boado (Xinzo de Limia), proclamouse campioa de España de ximnasia de trampolín na categoría Base Alevín. O campionato celebrouse no Paco Paz de Ourense.

Adestrada por Isaura Hermida, Aira, competindo polo clube BURGAS de Ourense, destacou malia ser a ximnasta máis nova da súa categoría, acadando unha puntuación de 54.800 puntos.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA