A Limia News

Este sábado a partir das 23:00 a nomeada GRAMOLA Tour Truck comezará coa festa que dará paso ao Petardazo.  No camión espectáculo varios DJs de Xinzo farán que o frío se pase bailando e desfrutando ata chegar as 00:00 hora do petardazo e do comezo do Entroido deste ano, no que haberá algunha novidade, aínda que estas novidades sexan voltar aos anos pasados.

Petardazo 2023
Despois do Petardazo a animación correrá, como de costume con Xituma Batuke e a charanga BCB, ademais da Gramola.
DOMINGO FARELEIRO
O primeiro dos domingos festivos do Entroido o Fareleiro voltará a praza Maior onde a todos festeiros espéranos quilos e quilos de fariña para “dar e tomar”.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA