Suspensión temporal das queimas agrícolas e forestais de particulares desde mañá mércores e ata novo aviso.

Dende A Limia

A Consellería do Medio Rural suspendeu temporalmente, a partir de mañá mércores e ata novo aviso, as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia como medida preventiva. Esta suspensión foi adoptada tras avaliar a situación meteorolóxica e os indicadores técnicos de risco de lume, tendo en conta que a normativa prevé a paralización destas actividades cando as condicións dificulten o seu control.

Quedan excluídas desta medida as queimas prescritas controladas executadas polo Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF), que contan con planificación e medios de extinción adecuados.

A Xunta solicita á cidadanía que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade incendiaria da que teña coñecemento, xa que o uso do lume para actividades agrícolas e forestais por parte de particulares está prohibido. Ademais, lembra que o teléfono gratuíto 085 está á disposición para alertar sobre calquera lume forestal.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA