Protesta na Gudiña en defensa do tren rural
O 2 de agosto ás 18:30 terá lugar unha concentración na estación da Gudiña para reclamar un tren que conecte o territorio e garanta o acceso a servizos básicos como saúde, estudos e traballo.
A protesta busca defender o dereito a un servizo ferroviario público, digno e accesible, que impulse o desenvolvemento rural.
Os concellos de Trasmiras (988445000) e Xinzo (988 55 01 11) ofrecen transporte para asistir á mobilización.
Fonte: www.dendealimia.com