«Sen Máis» o concerto de Ano Novo da Banda de Gaitas de Xinzo

Dende A Limia

A Banda de Música de Xinzo de Limia celebra o seu 37 aniversario cun concerto especial titulado «SEN MÁIS». O evento terá lugar o día 4 e nace da vontade da banda de festexar esta efeméride cos veciños, amigos e familiares.

A formación habitual da banda estará acompañada polo Coro Aimil, que achegará voces e letras a algúns dos temas. O concerto, de aproximadamente 60 minutos de duración, presentará unha imaxe renovada da banda, traballando tanto na posta en escena como no deseño de tarimas para adaptar o espazo.

O acceso ao concerto é gratuíto pero requirirá invitación debido ao aforo limitado. As invitacións poderanse solicitar na sede da Banda de Música, ubicada na Escola Municipal de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo de Limia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA