Sandiás abre o Outono/Inverno Culturais 2025-2026 cunha amplia oferta de 40 actividades variadas e para todos os públicos

Dende A Limia

Sandiás presenta unha ampla programación cultural para o Outono-Inverno 2025-26

O Concello de Sandiás ofrece corenta actividades diversas dende Outubro ata Xuño. A programación comezou en Setembro con iniciativas de educación ambiental e inclúe faladoiros sobre a Lagoa de Antela, posta en valor do patrimonio xeolóxico, exposicións, obradoiros, campañas solidarias, actividades contra a violencia de xénero, concerto de Nadal, xornadas micolóxicas, animación á lectura, presentacións de libros, festival de Nadal, visitas dos Reis Magos, entroido e promoción socio-comunitaria (Magosto Popular, Obradoiro de Memoria…).

Felipe Traveso (alcalde), Pepe Gándara (concelleiro de cultura) e Pilar Cabrera (Política Social e Participación Cidadá), presentaron a programación, animando á participación veciñal.

Máis información e inscricións: Consultar a cartelería específica de cada evento.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA