Programación do Día Internacional das Mulleres – 8 M

Dende A Limia

Xinzo de Limia conmemora o Día Internacional das Mulleres con diversas actividades

O Concello de Xinzo de Limia, a través das súas concellarías de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde, así como do Centro de Información á Muller (CIM), presenta unha completa programación de actividades para celebrar o Día Internacional das Mulleres, baixo o lema «A igualdade constrúese cada día».

Actividades destacadas para o 9 de marzo na Praza Maior:

  • 11:00 h: Carreira escolar polo Día Internacional das Mulleres, organizada pola Concellería de Deportes.
  • 11:30 h: Andaina baixo o lema «A igualdade constrúese cada día».
  • 12:00 h: Lectura do Manifesto ao remate da andaina.

Programación de marzo:

Ao longo de todo o mes, desenvolveranse outras iniciativas:

  • Obradoiro «Visibilizándonos»: Terá lugar no CEIP Carlos Casares os venres 6 e 27 de marzo.
  • Obradoiro de Autocoidado e Autoestima: Destinado ás Asociacións de Mulleres Rurais do Concello, celebrarase o luns 16 de marzo, con foco no benestar.
  • Ioga en Igualdade: Sesións de «Benestar e sororidade» dirixidas ás Asociacións de Mulleres Rurais, que se levarán a cabo durante todo o mes.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA