Pleno infantil e xuvenil no Concello de Vilar de Santos

Dende A Limia

Os máis novos do Concello fan as súas propostas

Os nenos, nenas e mozos do municipio tiveron a oportunidade de visitar as dependencias do Concello e de expresar as súas peticións e necesidades directamente aos responsables municipais.

Peticións por idades

  • 3 a 6 anos: Durante a súa visita, guiada pola Traballadora Social, coñeceron as diferentes áreas do Concello e, no salón de plenos, solicitaron a instalación dunha pequena piscina con tobogáns.
  • 7 a 12 anos: Ao remate do percorrido polos despachos, este grupo tamén se reuniu no salón de plenos para pedirlle ao alcalde melloras como un campo de fútbol, máis parques nas aldeas e a construción dun colexio máis próximo ás súas vivendas.
  • 13 a 18 anos: Os mozos e mozas desta franxa de idade presentaron diversas demandas. Destaca a petición da cesión dun local para a creación dunha asociación xuvenil, proposta que foi aprobada sen oposición por parte do alcalde e dos concelleiros presentes.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA