Sentenza favorable aos veciños das Conchas pola contaminación do encoro

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) fallou a favor dos veciños das Conchas, representados por Pablo López, na demanda interposta pola deterioración das augas do encoro das Conchas (río Limia).

A sentenza, aínda recurrible, condena á Xunta de Galicia e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) como responsables da situación por non tomar medidas preventivas axeitadas. O tribunal exonera aos concellos demandados.

A Xunta é sinalada por infrinxir normas de protección de augas subterráneas, medio ambiente e sanidade. A CHMS é culpada de inacción ante o empeoramento da calidade da auga dende 2011 e a proliferación de macrogranxas, sendo consciente do impacto dos residuos.

O TSXG declara probada a vulneración de dereitos debido á inactividade das administracións demandadas. Condena á Xunta e á CHMS a adoptar medidas urxentes para eliminar os olores, a degradación ambiental e garantir o abastecemento de auga potable segura para a poboación.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA