Gala Benéfica de Nadal en Vilar de Santos
A mocidade de Vilar de Santos organizou unha Gala Benéfica de Nadal o pasado sábado 27 de decembro ás 16:30 horas no salón multiusos do concello.
O evento, pensado para todos os públicos, tivo como obxectivo dinamizar a vida social e cultural do municipio durante as festas do Nadal, ofrecendo música, teatro e entretemento, ademais de fomentar a convivencia e a implicación xuvenil na vida local.
Dende o concello destacaron o esforzo e ilusión da mocidade na posta en marcha desta iniciativa, que aspira a converterse nunha cita anual. A gala contou coa colaboración de numerosos veciños, persoas e entidades.
Fonte: www.dendealimia.com
