Dende hoxe ás 16:00 h, os tractores volv��n a cortar a autovía A-52 no quilómetro 190, nun corte que se prevé indefinido. Ambos sentidos da autovía están pechados e o tráfico estase a desviar pola N-525, no quilómetro 188 en dirección Porriño e no quilómetro 193 en dirección Madrid.
Os manifestantes, situados na altura de Carbones de Río, colocaron varios tractores na estrada para impedir o paso aos axentes. O seu obxectivo é ser escoitados polo Ministerio e esixen unha reunión cun cargo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para tratar o acordo de Mercosur.
Fonte: www.dendealimia.com
