O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, convocou unha reunión urxente co grupo de goberno ás 15:30 horas para abordar a situación xerada pola protesta de agricultores con tractores na localidade. Estes manifestantes permanecen parados arredor da Praza Carlos Casares dende a noite anterior, con previsión de continuar durante toda a xornada.

A protesta prodúcese nun momento clave para Xinzo, xa que está a piques de comezar a súa festa máis importante. Dende o Concello xa se advertiu aos manifestantes da imposibilidade de cortar o tráfico na rúa Toural, debido ao risco que suporía para a circulación de emerxencias como bombeiros ou ambulancias.

Amador Díaz atópase de regreso a Xinzo dende a Feira da Pataca de Carpio, encontrando dificultades para o desprazamento debido ás adversas condicións climatolóxicas provocadas polas nevadas na A-52 e a N-525.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA