Concerto Didáctico do Conservatorio sobre Música Circense
O Conservatorio organiza un Concerto Didáctico dedicado á música circense para fomentar a música entre o alumnado e os rapaces da comarca.
O concerto, destinado en exclusiva a colexios convidados, busca motivar e despertar as inquietudes musicais dos asistentes.
Alumnos de diversas especialidades interpretarán música relacionada con artistas circenses como pallasos e malabaristas, coa actuación final da orquestra do conservatorio.
Os centros educativos convidados son os CEIP de Baltar, CEIP dos Blancos, CEIP Rosalía de Castro e CEIP Carlos Casares.
Fonte: www.dendealimia.com