A Xunta inviste máis de 12.000€ na limpeza e roza dos Castelos da Limia
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, supervisaron o comezo dos traballos de limpeza e roza na Torre do Castro, en Sandiás.
Esta actuación forma parte dun plan máis amplo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o ano 2025, destinado á conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico galego.
Os traballos, que se realizarán tamén no Castelo da Pena (Xinzo de Limia) e na Torre de Firbeda (Porqueira), consistirán na roza da vexetación e limpeza, e terán unha duración máxima de 40 días. Estes castelos, datados entre os séculos XI e XII e declarados Ben de Interese Cultural (BIC), formaban parte dunha rede defensiva na zona da Limia.
A Consellería de Cultura inviste un total de 260.000€ en quince intervencións arqueolóxicas na provincia de Ourense.
Fonte: www.dendealimia.com