Xinzo de Limia renova o firme do Barrio de Abaixo
O Concello de Xinzo de Limia comezou a renovación integral do firme no Barrio de Abaixo cun investimento de 280.000 €, financiado polo Plan CooperOU da Deputación de Ourense.
Os traballos, cun prazo de execución de tres meses e finalización estimada para o 14 de novembro, abranguen nove rúas do barrio: Camiño do Regueiro, Serra de San Mamede, Serra de Manzaneda, Pena Trevinca, Serra do Larouco, Serra de Queixa, do Furriolo, do Padrón e Xabier Prado Lameiro.
O alcalde, Amador Díaz, e o concelleiro de Obras e Mobilidade, Ramón Gómez, supervisaron o inicio dos traballos, que se desenvolverán por fases para minimizar as molestias á veciñanza.
Esta actuación enmárcase na estratexia municipal “Xinzo Paso a Paso”, destinada a revalorizar o centro histórico e mellorar a rede viaria.
Fonte: www.dendealimia.com