A Furgoteca visita Sandiás con obradoiro sobre aves locais
O martes 10 de Xuño, a biblioteca móbil «Furgoteca» fixo parada en varias aldeas de Sandiás, incluíndo o Punto de Atención Infantil (PAI).
Nenos e nenas participaron nun obradoiro titulado «As siluetas do aire», onde aprenderon sobre aves da zona como garzas brancas, cegoñas, choromicas e mazaricos a través de láminas.
Posteriormente, utilizando siluetas, pinceis, esponxas e pintura de dedos, plasmaron a figura destas aves, sendo capaces de recoñecelas despois. Ademais, os nenos e nenas aproveitaron para devolver e coller novos contos, como «A ratiña fachendosa».
Fonte: www.dendealimia.com