O PSdeG-PSOE de Xinzo denuncia o rexeitamento da súa moción sobre a xestión da auga
O bigoberno de AXIL e o PP no Concello de Xinzo de Limia tombou en comisión unha moción do PSdeG-PSOE que solicitaba que o concello xestionase todas as augas de subministro e sometese a controis analíticos as fontes do municipio.
A moción socialista buscaba que o concello asumise a xestión das augas de consumo de todos os núcleos rurais, coa aprobación da veciñanza, e realizase as conexións á rede municipal necesarias. Tamén pedía analíticas e controis periódicos de todas as fontes operativas, sinalizando as aptas e as non aptas para o consumo humano.
A voceira do PSdeG-PSOE, Elvira Lama Fernández, criticou a decisión, acusando ao alcalde de usar «escusas de mal pagador» e de evitar o debate en pleno. Lembrou a preocupación veciñal, especialmente a da xente de Gudín, que xa pasou a xestión da súa auga ao concello.
O PSdeG-PSOE tamén critica á Xunta por non declarar A Limia como zona vulnerable por nitratos.
Fonte: www.dendealimia.com