O Pazo Provincial loce unha renovada imaxe tralo remate das obras de restauración das fachadas do histórico inmoble

Dende A Limia

O Pazo Provincial da Deputación de Ourense recuperou o seu aspecto orixinal tras catro meses de traballos de restauración. As obras, cun orzamento próximo aos 100.000 euros, centráronse na reparación dos danos causados por actos vandálicos, como lanzamento de pintura, botes de fume e petardos. A restauración incluíu a limpeza da pedra, reparación de paredes, portas e xanelas nas tres fachadas do edificio. Un dos aspectos máis destacados foi a recuperación da cor branca orixinal dos portóns principais, cor que tamén teñen as carpinterías do resto do edificio e do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Dada a catalogación do Pazo como «edificio de protección estrutural», participaron especialistas en restauración para garantir a correcta conservación do patrimonio.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA