Rematan as obras da nova biblioteca do IES Aquis Querquernis en Bande
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, supervisaron a finalización das obras para a nova biblioteca no IES Aquis Querquernis. A Consellería de Educación investiu preto de 50.000€ neste proxecto.
Pardo destacou o investimento total da Xunta en educación na provincia de Ourense, que supera os 58M€ en 690 actuacións. Entre estas actuacións salientan a construción do primeiro instituto do Pereiro de Aguiar, o Padre Feijóo, e ampliacións e rehabilitacións noutros centros da provincia.
As obras no IES Aquis Querquernis incluíron a instalación de calefacción, nova carpintería con rotura de ponte térmica e a instalación eléctrica da biblioteca.
Fonte: www.dendealimia.com
