​O Entroido de Xinzo conquista Balaídos coas Pantallas no terreo de xogo

Dende A Limia

O Entroido de Xinzo de Limia viviu un momento histórico o pasado domingo no Estadio de Balaídos. Por invitación do RC Celta, un grupo de Pantallas, figuras emblemáticas deste ciclo festivo, saltou ao terreo de xogo xusto antes do inicio do partido. Ante miles de espectadores, as Pantallas realizaron unha exhibición sonora coas súas vexigas e co seu comportamento característico, levando a esencia do Entroido de Xinzo ao céspede.

Durante o evento, a Asociación Cultural A Pantalla aproveitou para poñer en valor o Domingo Oleiro. Paralelamente, o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, e o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, asistiron ao partido no palco de autoridades.

Como xesto de agradecemento pola invitación do RC Celta, os representantes municipais fixeron entrega ao club vigués dunha figura dunha Pantalla, fortalecendo así a conexión entre o equipo e a tradición ourensá. O goberno local manifestou o seu orgullo pola participación das Pantallas en Balaídos e agradeceu á Asociación Cultural A Pantalla o seu papel como embaixadores da tradición limiá.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA