O ecobarco permite descubrir os atractivos das comarcas do Ribeiro e Baixa Limia

Dende A Limia

A Deputación de Ourense impulsa o turismo termal coa creación de catro rutas fluviais en ecobarco (embarcacións eléctricas sostibles) no Ribeiro e a Baixa Limia.

O presidente da Deputación, Luis Menor, inaugurou unha das rutas en Cortegada, destacando a cooperación institucional e o aproveitamento da auga como recurso turístico.

O proxecto, cun investimento de preto de 476.000 euros, enmárcase no «Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal» e busca crear un sistema de mobilidade turística sostible, incrementar as actividades complementarias ao termalismo e aumentar a estadía media dos visitantes.

Ademais da ruta de Cortegada, existen outras en Arnoia, Castrelo de Miño e Muíños, ofrecendo diversas paisaxes e experiencias fluviais. As reservas e información están dispoñibles en www.ecobarcourense.gal.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA