O Concello de Xinzo vén de aprobar unha actuación integral para a limpeza de canles en todo o municipio

Dende A Limia

Xinzo aproba a limpeza integral de canles e outras medidas relevantes

O Concello de Xinzo de Limia aprobou por unanimidade a limpeza integral das canles do municipio, grazas a un proxecto da Xunta promovido pola Mesa da Limia. O Concello responsabilizarase da conservación posterior, mellorando a prevención de inundacións.

Ademais, creouse unha nova bolsa de emprego temporal para cubrir necesidades puntuais nos servizos municipais. En materia educativa, instouse á Consellería a mellorar a formación profesional, solicitando un CIFP con ciclos vencellados ao sector primario, construción e servizos sociosanitarios.

Tamén se aprobou un recoñecemento ao motociclista Martín Portela, actualizouse a taxa polo uso de instalacións deportivas (coa abstención do PSdG), e informouse do funcionamento do sistema de depuración de auga en Gudín, pendente da análise final.

O pleno deu apoio á candidatura de Antón Tovar para o Día das Letras Galegas 2026 e gardou un minuto de silencio por Marisol Costa, vítima de violencia machista. A oposición (BNG e PSdG) queixouse da falta de limpeza e coidado en rúas e parques públicos.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA