​O Concello de Xinzo organiza un campamento dixital gratuíto para a mocidade entre o 11 e o 14 de agosto

Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración con Cibervoluntarios, organiza un campamento dixital gratuíto para mozos de 9 a 14 anos (nados entre 2011 e 2016). O campamento terá lugar do 11 ao 14 de agosto.

Esta iniciativa busca proporcionar aos mozos as habilidades necesarias para o mundo dixital. As inscricións realízanse na Casa da Cultura.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA