A Concellería de Cultura e Turismo de Xinzo de Limia instalou un novo «Punto Selfie» na Rúa Dous de Maio, fronte ao mural dedicado á Pantalla e ao Museo Galego do Entroido (MUGAE).
Este elemento urbano, deseñado para facilitar a toma de fotografías, indica o encadre idóneo para captar a obra artística na súa totalidade.
A iniciativa busca dinamizar o turismo, poñer en valor espazos singulares e fomentar a proxección da imaxe de Xinzo e do seu Entroido a través das redes sociais.
Ademais, o punto selfie incorpora dous códigos QR:
- Un deles ofrece explicacións sobre o significado, simboloxía e proceso de elaboración do mural.
- O outro permite acceder directamente a contidos sobre os recursos turísticos do Concello de Xinzo de Limia.
O Goberno local coa esta acción quere enriquecer a experiencia dos visitantes, poñer en valor o patrimonio cultural contemporáneo e reforzar o posicionamento de Xinzo como destino turístico.
Fonte: www.dendealimia.com
