​O Concello de Xinzo de Limia reubica a feira deste mércores, 14 de xaneiro, pola mobilización do sector agrario

Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia informa dunha modificación excepcional na organización da feira quincenal deste mércores, 14 de xaneiro. Debido á protesta de agricultores co seu tractor no espazo habitual, os postos trasladaranse temporalmente á rúa Carmen Nóvoa Diz, colocados na marxe do parque, e tamén á rúa Toural. Solicítase a colaboración cidadá para o estacionamento e a circulación de vehículos.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA