​O Concello de Xinzo de Limia organiza unha visita a Pazolandia este Nadal para nenos e nenas de 8 a 14 anos

Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia organiza unha excursión a Pazolandia, o parque de atraccións de Nadal situado en Ourense, para a mocidade do municipio.

A xornada de lecer e diversión terá lugar o vindeiro venres 26 de decembro en horario de mañá.

A actividade está dirixida a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos.

Xa están abertas as inscricións, cun total de 100 prazas dispoñibles por orde de chegada.

As familias interesadas poderán formalizar a inscrición na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA